Isca!, o lume que prende

Isca naceu en 2006 a partir dun grupo de militantes nacionalistas críticos coa deriva do nacionalismo oficial e conscientes da necesidade de organizar a mocidade como motor para reconducila defendendo un proxecto de cambio social real. Para iso defendemos a necesidade de auto-organización da mocidade e apostamos por novos xeitos de política, coa base como orixe das decisións fronte aos verticalismos e reivindicamos unha volta ao traballo na rúa, no ensino, nos centros de traballo, relativizando a via eleitoral e institucional, aínda que non esquecendo a súa utilidade para trasladar as nosas alternativas.

Condideramos que é imprescindíbel un novo marco político para o noso pobo, baseado no direito de autodeterminación. O actual marco imposto impide o noso desenvolvemento como pobo, ao estar condenados a unha economía dependente e a que os centros de decisión sobre aqueles temas que nos afectan sexan esóxenos. Esiximos un país libre nun mundo máis xusto, por iso declarámonos abertamente e sen complexos, independentistas.

Reivindicamos o noso dereito a rebater as falsidades da historiografía españolista, a defender o noso idioma e cultura dos ataques que leva recibindo máis de cincocentos anos. Ao longo do último curso políticos desenvolvimos diversas campañas sobre lingua e sacamos as nosas vacas á rúa contra  os xenocidas do idioma.

Cremos na loita de clases, os intereses de traballadores e empresarios non son conciliábeis pois uns viven a conta da explotación dos outros e iso impide que podamos asumir calquer análise interclasista da nosa sociedade. A aguda crise neoliberal que estamos a vivir demostra que o sistema no que vivimos non funciona. Só poñendo fin ao capitalismo e construíndo un sistema social xusto poderán ser garantidos os dereitos básicos de cada persoa, e este sistema é o socialismo. O noso sitio está a carón das clases populares, e estas deben ser o obxectivo das nosas propostas. Apostamos pola mobilización social para que desta situación de crise saia reforzada a clase traballadora e non o capital que é o responsábel. Por iso ao longo dos últimos meses sumamos o noso apoio, por exemplo, aos traballadores do metal ou aos nosos labregos, exemplo de dignidade e loita.

Porén somos conscientes de que o mundo non xira arredor do noso embigo nin remata nas nosas fronteiras, por iso defendemos a solidariedade internacional como unha das nosas frontes de loita, brindando o noso apoio a exemplos como Cuba e Venezuela ou a pobos masacrados como o palestino e ollando ás diversas loitas dos pobos do mundo pola súa emancipación, desde Irlanda a Grenlandia.

En base a estes obxectivos, traballamos no seo do movemento nacionalista e nos movementos sociais transformadores: no sindicalismo, no movemento feminista, ecoloxista, estudantil, nos Centros Sociais… Nestes ámbitos aportamos visións de traballo abertas e participativas e colaboramos co conxunto de organizacións nacionalistas desde a lealdade a o respeito mútuo, apostando pola converxencia práctica nas loitas diarias con quen defenda a superación do actual marco en clave nacional e de esquerda. Cremos na unidade do nacionalismo e no frentismo, participamos criticamente no BNG e na súa organización xuvenil, Galiza Nova.

ISCA! como organización política actúa a todos os níveis sociais e políticos mais organízase e traballa no ámbito da mocidade e recoñece no MGS o seu referente político e organizativo, particularmente no seo da fronte (BNG), en que ambas organizacións compartimos moita da nosa teoría e praxe política. ISCA! e o Movemento Galego ao Socialismo recoñecémonos de xeito recíproco como referentes políticos nos diferentes rangos de idade en que se organiza e traballa maioritariamente cada organización, mantendo ambas a súa independencia, así non mantemos estatutariamente a dupla militancia das mozas e dos mozos de ISCA!, mais a maioría de nós formemos parte tamén do proxecto político do Movemento Galego ao Socialismo.

Comparte:

As últimas entradas

Arredista en papel nº21

Data: xullo de 2021 Esta novo número do ‘Arredista!’, ademais de cumprir co habitual número que lanzamos o Día da Patria, supón o décimo aniversario na súa edición ininterrompida desde aquel primeiro número en xullo de 2009. Nesta andaina a

Arredista en papel nº20

Data: xullo de 2018 Van xa vinte números desde que, en 2009, decidimos criar a revista Arredista! como espazo de comunicación do Movemento Galego ao Socialismo. Nas súas follas, que foron saíndo cumpridamente a cada Primeiro de Maio e a

Arredista en papel nº19

Data: maio de 2018 Hai un mundo onde, hoxe — mentres les este editorial —, habería unha nova república a nacer aos pés do Mediterráneo. Nese mundo, as persoas non son encarceradas por defenderen a soberanía dos seus países, nen

Arredista en papel nº18

Data: xullo de 2017 Neste novo Día da Patria o noso país continúa sumido nas consecuencias da crise, a pesar da propaganda dos gobernos galego e estatal sobre unha suposta recuperación. Analizamos, pois, de forma demorada, os pasos que desde