Arredista en papel nº19

Data: maio de 2018

Hai un mundo onde, hoxe — mentres les este editorial —, habería unha nova república a nacer aos pés do Mediterráneo. Nese mundo, as persoas non son encarceradas por defenderen a soberanía dos seus países, nen por faceren cancións, nen por escribiren tuits. Nese mundo, a poboación civil siria non é bombardeada desde Washington para apoderarse de máis un recanto do planeta, nen Lula vai a prisión por ser favorito para gañar as eleccións, nen imperialismo trata por calquera medio de facer descarrilar a integración latinoamericana, de acabar coa Revolución Bolivariana e coa de Cuba.

Ese mundo existe porque o imaxinamos, porque sabemos o que significa a xustiza social e o que significa a explotación. Mais non nos serve de nada se non o materializamos. A nosa clase, a que todo o produce e transforma, é a única capaz de lle dar forma de maneira definitiva, a única que pode construír a alternativa política e social. E é iso, que, na realidade, xa sabiamos, o que reivindicamos hoxe, máis un Primeiro de Maio que trae consigo máis un número do Arredista! centrado no mundo do traballo.

Nesta edición debullamos a fraude das pensións, o sometemento da nosa economía aos intereses extractivistas e a perversión da legalidade para privilexiar os intereses do poder económico mentres se persegue a disidencia política no Estado español; refletimos sobre o papel do sindicalismo na loita pola emancipación nacional e sobre como contribúe a desvendar as contradicións esenciais entre capital e clase traballadora; coñecemos un exemplo de loita obreira de éxito na greve de tres meses do 112-Galiza; debatemos sobre as perspectivas que abriu este 8 de Marzo con tres das súas protagonistas e reivindicamos a vixencia do marxismo douscentos anos despois do nacemento de quen o inaugurou. E todo isto nun momento en que a opción dunha greve xeral volta ás rúas da man da CIG, á procura dunha resposta contra a política de desmantelamento do ben común lanzada desde as nacións que o Estado español nega unha e outra vez.

Descarga o arredista nº19 en PDF

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram

As últimas entradas

Arredista en papel nº21

Data: xullo de 2021 Esta novo número do ‘Arredista!’, ademais de cumprir co habitual número que lanzamos o Día da Patria, supón o décimo aniversario na súa edición ininterrompida desde aquel primeiro número en xullo de 2009. Nesta andaina a

Arredista en papel nº20

Data: xullo de 2018 Van xa vinte números desde que, en 2009, decidimos criar a revista Arredista! como espazo de comunicación do Movemento Galego ao Socialismo. Nas súas follas, que foron saíndo cumpridamente a cada Primeiro de Maio e a

Arredista en papel nº18

Data: xullo de 2017 Neste novo Día da Patria o noso país continúa sumido nas consecuencias da crise, a pesar da propaganda dos gobernos galego e estatal sobre unha suposta recuperación. Analizamos, pois, de forma demorada, os pasos que desde

Arredista en papel nº17

Data: maio de 2017 Desde o noso último número a situación social e política galega sufriu algunhas variacións de contexto, dentro da grave crise social e económica que seguimos a padecer. Na política, unha nova maioría absoluta do PP na