Arredista en papel nº21

Data: xullo de 2021

Esta novo número do ‘Arredista!’, ademais de cumprir co habitual número que lanzamos o Día da Patria, supón o décimo aniversario na súa edición ininterrompida desde aquel primeiro número en xullo de 2009.

Nesta andaina a nosa vontade foi publicar unha revista para o debate político e a reflexión pausada, a través de artigos e entrevistas co obxectivo de botar luz sobre os temas máis importantes en cada momento ou achegando análises ideolóxicas de fondo.

Nesta edición debullamos a táctica e a estratexia do soberanismo galego, a simbiose entre o fascismo e o capitalismo, o grave problema do xogo e das casas de apostas nas capas populares, o acontecido en Venezuela nos últimos meses, o problema do monocultivo do eucalipto en Galiza e realizamos dúas entrevistas co gallo do conflito co convenio das ambulancias e os 25 anos da CIG.

Pensamos que neste décimo aniversario, é hora de dar un paso máis para vehicular as nosas reflexións. Por iso lanzamos o portal arredista.gal. Nel atoparás de xeito ordenado todos os artigos publicados nos 21 números da revista e outros que viron a luz con anterioridade noutros medios de comunicación dixitais.

Ademais ten vocación de ser un sitio web vivo, con publicacións periódicas que complementarán a edición do Arredista en papel. Boa lectura!

Descarga o arredista nº21 en PDF

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram

As últimas entradas

Arredista en papel nº20

Data: xullo de 2018 Van xa vinte números desde que, en 2009, decidimos criar a revista Arredista! como espazo de comunicación do Movemento Galego ao Socialismo. Nas súas follas, que foron saíndo cumpridamente a cada Primeiro de Maio e a

Arredista en papel nº19

Data: maio de 2018 Hai un mundo onde, hoxe — mentres les este editorial —, habería unha nova república a nacer aos pés do Mediterráneo. Nese mundo, as persoas non son encarceradas por defenderen a soberanía dos seus países, nen

Arredista en papel nº18

Data: xullo de 2017 Neste novo Día da Patria o noso país continúa sumido nas consecuencias da crise, a pesar da propaganda dos gobernos galego e estatal sobre unha suposta recuperación. Analizamos, pois, de forma demorada, os pasos que desde

Arredista en papel nº17

Data: maio de 2017 Desde o noso último número a situación social e política galega sufriu algunhas variacións de contexto, dentro da grave crise social e económica que seguimos a padecer. Na política, unha nova maioría absoluta do PP na