Data: xullo de 2018
Van xa vinte números desde que, en 2009, decidimos criar a revista Arredista! como espazo de comunicación do Movemento Galego ao Socialismo.
Nas súas follas, que foron saíndo cumpridamente a cada Primeiro de Maio e a cada Día da Patria — cun número especial pola Asemblea de Amio — deixamos análises, posicionamentos, entrevistas e recomendacións que querían, sobre todo, resultar úteis e de interese. Tratábase, por unha banda, de ter un altofalante que vehiculase as nosas reflexións a respecto dos temas do país e da nosa clase. Mais, por outra, tamén se trata de obrigarnos, de algún modo, a pór esas reflexións por escrito, a lles dar forma nun mundo que vai ás carreiras cara a ningures, de instante en instante, e que non é moi amábel — non por acaso — con quen queira deterse a pensar e analisar.
Van xa vinte números, mais cómpren moitos mais.