Arredista en papel nº15

Data: maio de 2016

Nos últimos anos, os editoriais do Arredista de maio, o que o Movemento Galego ao Socialismo edita para o Día Internacional da Clase Obreira, falaron invariabelmente da crise económica e política e da necesidade de autoorganización. O desemprego disparado, as privatizacións dos servizos públicos, a represión de alta ou baixa intensidade, a españolización sen freo ou a crise das organizacións de clase por toda a parte continúan, é certo, a ser as principais paradas de toda canta análise poida ser feita do noso país dunha óptica marxista e nacional.

Mais iso non significa repetirse, nen pode significar que deixemos de analisar a situación e nos acomodemos no camarote da indiferenza nun barco que naufraga. Ben ao contrario. “Analisar para coñecer, coñecer para planificar, planificar para executar” (como dicíamos hai un ano e como, na realidade, levamos toda a vida a dicir) continúa a ser a única vía para darmos construído unha alternativa eficaz, quen de parar as agresións e sobrepasar, por fin, a liña puramente defensiva. Serán necesarias, ademais, ferramentas renovadas, máis incisivas e determinantes, menos preocupadas polo circunstancial e máis capaces de desvendar a raíz dos problemas para atallalos, congregando esa maioría social que está, si, polo progreso, pola democracia e pola paz entre os pobos.

Por iso, en máis un número estamos obrigados a falar da autoorganización, coa ollada posta na necesaria profundización do proceso co proxecto político do soberanismo galego pretende acumular forzas; a tratar como unha mentira con todas as letras a separación da cuestión nacional e social; a caracterizar a UE como un proxecto imperialista a tempo completo; a definir a necesidade do sistema de exercer o control e o monopolio da violencia; a entender os mecanismos que pulan por manter as mulleres na subalternidade; e tamén a ollar para procesos de avance que nos tiren do rostro a amargura, no mundo estudantil e na camiñada catalá polo exercicio dos seus dereitos. E por que? Porque son problemas que persisten e que non desapareceran mentres continuar o sistema criminal que os crea.

Descarga o arredista nº15 en PDF

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram

As últimas entradas

Arredista en papel nº21

Data: xullo de 2021 Esta novo número do ‘Arredista!’, ademais de cumprir co habitual número que lanzamos o Día da Patria, supón o décimo aniversario na súa edición ininterrompida desde aquel primeiro número en xullo de 2009. Nesta andaina a

Arredista en papel nº20

Data: xullo de 2018 Van xa vinte números desde que, en 2009, decidimos criar a revista Arredista! como espazo de comunicación do Movemento Galego ao Socialismo. Nas súas follas, que foron saíndo cumpridamente a cada Primeiro de Maio e a

Arredista en papel nº19

Data: maio de 2018 Hai un mundo onde, hoxe — mentres les este editorial —, habería unha nova república a nacer aos pés do Mediterráneo. Nese mundo, as persoas non son encarceradas por defenderen a soberanía dos seus países, nen

Arredista en papel nº18

Data: xullo de 2017 Neste novo Día da Patria o noso país continúa sumido nas consecuencias da crise, a pesar da propaganda dos gobernos galego e estatal sobre unha suposta recuperación. Analizamos, pois, de forma demorada, os pasos que desde