Venezuela despois de Chávez: os retos do pobo traballador

A ausencia de Chávez deixa un baleiro que só pode reconstituirse cunha dirección colectiva do pobo organizado para encarar o desafío da conti- nuidade e irreversibilidade do proceso revolucionario. Como dixera no Programa da Patria 2013-2019: “traspasar a barreira do non retorno”, “a radical supresión da lóxica do capital”, un novo modelo produtivo, “a pulverización completa da forma do Estado burgués” para substituilo polo Estado Comunal, coa transferencia do goberno ao Poder Popular.

A burguesía e o imperialismo tratan de aproveitalo en dialéctica combinación do “garrote” coa “cenoura”. O “garrote”: golpismo, conspiracións, revoltas semifascistas, intervencionismo, o papel da Colombia sementada de bases militares dos EE.UU.. A “cenoura”: presionar para a conciliación e concesións, o uso manipulativo das eleccións e a legalidade, a impunidade, novas formas “institucionais” de golpe, a lóxica do capital na economía capitalista-mixta, sabotaxe, funcionar burocrático do Estado burgués que persiste, a hexemonía cultural burguesa, o socavamento e infiltración. A burocracia e o capital son dúas caras da mesma moeda contrarrevolucionaria: se o chavismo é acaparado por castas burocráticas funcionais ao capital a revolución estaría condenada.

Mestura disto fixo a dereita fascistoide de Capriles, con asasinatos e atentados, tras descoñecer o triunfo de Maduro en abril. Os perigos e contradicións veñen de tempos de Chávez, porque a Revolución bolivariana ainda non os solucionou e algúns parecen acrecentarse. A falta do Comandante non reverte o avanzado, xa que alén do seu líder, son a clase traballadora e os sectores populares o motor esencial que dá vida ao proceso. Pero non ter a Chávez é un enorme factor de risco, porque é moi difícil substituilo como unificador e árbitro con forza respetada de decisión ante os dilemas e conflitos.

O Legado de Chávez

A implantación das ideas nacionalistas e recuperación de recursos chaves ao servizo do investimento social. A fractura do réxime da vella democracia burguesa bipartidista. O Proceso Constituinte, asemblea soberana fundada no poder orixinario do pobo, ampliación dos dereitos, incluíndo o referéndum consultivo de leis e decretos, e o revocatorio de autoridades. Deseño da transferencia do poder ao pobo, órganos de Poder Popular e comezos da construción de Comunas para o Estado Comunal. Chávez foi autocrítico coa lentitude na implantación das comunas e da propiedade social.

O proceso de recuperación e redistribución da terra e recoñecemento dos dereitos dos indíxenas, aínda con lentitude e insuficiencias. As políticas sociais e misións para elevar o nivel de vida e educativo-cultural.

Bases e estruturais dunha nova xeopolítica latinoamericana e internacional, que contribuiu a derrotar planos do imperialismo (ALCA) e a crear novas organizacións para a integración independente das nacións latinoamericanas.

A proclamación da revolución venezolana como socialista. Popularización da noción do socialismo nas grandes maiorías. Avanzouse con nacionalizacións, pero mantense o sector capitalista e a “economía mixta”, está pendente o que Chávez chamaba o “inxerto da propiedade social” e a mudanza das relacións sociais de produción; aínda que se iniciaron experiencias de control obreiro, moitas terminaron saboteadas e deformadas pola burocracia (estatal ou sindical), mais non é capítulo pechado.

A unidade Cívico-Militar, unidade Pobo-Forza Armada. Implantación de ideas e principios antiimperialistas, democráticos e socialistas. O saúdo militar oficial hoxe é “Independencia e Patria Socialista, Viviremos e Venceremos, Chávez Vive, a Loita Segue”.

Orientacions de Chávez para o novo período da revolución

En boa parte contidas no Programa da Patria e no escrito “Golpe de Timón” (primeiro gabinete executivo do Chávez reelecto en 2012).

O Programa da Patria:

1) Consolidar a Independencia Nacional; 2) Continuar construíndo o socialismo bolivariano; 3) Venezuela País Potencia (social, económica, política), dentro da gran potencia de América Latina; 4) Nova Xeopolítica Internacional, para un mundo multicéntrico e pluripolar cara a desmontaxe do sistema imperial; 5) A preservación da vida humana e do planeta, obxectivo ecosocialista para un movemento mundial contra o capitalismo depredador.

O Golpe de Leme

Chávez, tras as eleccións de 2012, reforza a idea da democracia socialista do s. XXI (que quer diferenciarse do burocratismo pseudosocialista), as accións para deixar atrás o capitalismo e crear o socialismo bolivariano. Define o “novo ciclo da transición”; co inxerto dos elementos de poder comunal e medios de producción con propiedade social, como xigantesca rede que non poida ser tragada polo mar de capitalismo. Di: “debemos inxertar a propiedade social, o espírito socialista” con cada obra, que “o socialismo non se decreta”, contrario a chamar socialista o que ainda non o é. Fala da necesidade da mudanza do “sistema operativo” capitalista, da división social xerárquica do traballo, por un sistema con participación plena dos produtores asociados, os traballadores. Dá gran importancia ao cambio cultural e á comunicación, por ser o socialismo bolivariano democrático, que leva a convencer e non a impoñer (refírese ao pobo). Por iso chama á crítica e autocrítica, “para rectificar realmente e de maneira inmediata”. Recoñece que o seu goberno, aínda que revolucionario, ratificado por un pobo, tamén era moi criticado polo pobo e “con razóns”; entre elas a falta de eficiencia. Entón chama a fortalecer o poder comunal e alerta: “Coidado, se non nos damos conta disto, estamos liquidados e … seríamos nós os liquidadores deste proxecto”.

Marea Socialista e a Plataforma Patria Socialista conxunta loitadores e expoñentes do pensamento crítico, toma o legado de Chávez como antídoto para combater deformacións e perigos da Revolución, e opina que a chave do “non retorno” depende de que isto sexa defendido radicalmente polo pobo e recollido polo goberno de Maduro, como herdeiro do Comandante.

Comparte:

As últimas entradas

Arredista en papel nº21

Data: xullo de 2021 Esta novo número do ‘Arredista!’, ademais de cumprir co habitual número que lanzamos o Día da Patria, supón o décimo aniversario na súa edición ininterrompida desde aquel primeiro número en xullo de 2009. Nesta andaina a

Arredista en papel nº20

Data: xullo de 2018 Van xa vinte números desde que, en 2009, decidimos criar a revista Arredista! como espazo de comunicación do Movemento Galego ao Socialismo. Nas súas follas, que foron saíndo cumpridamente a cada Primeiro de Maio e a

Arredista en papel nº19

Data: maio de 2018 Hai un mundo onde, hoxe — mentres les este editorial —, habería unha nova república a nacer aos pés do Mediterráneo. Nese mundo, as persoas non son encarceradas por defenderen a soberanía dos seus países, nen

Arredista en papel nº18

Data: xullo de 2017 Neste novo Día da Patria o noso país continúa sumido nas consecuencias da crise, a pesar da propaganda dos gobernos galego e estatal sobre unha suposta recuperación. Analizamos, pois, de forma demorada, os pasos que desde