Subcontracaión e precarización do traballo

A subcontratación ou terciarización do traballo é unha versión de precariedade creada polo neoliberalismo que toma forma nestes últimos 30 anos. O proceso iniciouse coas empresas consideradas auxiliares e progresou en todas direccións e en todos os sectores. A diario atopámonos con empresas subcontratadas sin tan sequera decatarnos delo. Sectores primarios como na sanidade ou os servizos sociais son claros exemplos.

A subcontratación está presente en todos os sectores e actividades. Todo aquel traballo propio dunha empresa, dentro ou fora das súas instalacións que non é realizado pola propia empresa, é traballo subcontratado. Podemos hoxe ver con claridade que esta nova versión de explotación extrema do capitalismo está presente en todas as actividades públicas ou privadas.

A subcontratación é un instrumento eficaz do capitalismo para dividir á clase traballadora en diferentes grupos e con diferentes condicións de traballo co único obxetivo de abaratar os costes de produción, empobrecer os salarios e acumular máis riqueza para o capital. A subcontratación reprodúcese de xeito en que as empresas principais externalizan parte da súa actividade a outras empresas que sempre abaratan custes, con convenios inferiores, con contratación eventual e precaria e con categorías con menos salario. Fragmentan o proceso do traballo en múltiples unidades e conseguen que nunha mesma empresa facendo o mesmo traballo as condicións e o salario sexan diferentes (as distintas empresas acóllense a convenios colectivos diferentes), polo que a ruptura da unidade de clase favorece os intereses da empresa cun debilitamento importante da capacidade reivindicativa da clase obreira. As condicións laborais que ten a plantilla da empresa subcontratada coa empresa central son claramente inferiores. Todo isto sumado a temporalidade nos contratos repercuten nun descenso da saúde laboral incrementando os accidentes e mortes nos postos de traballo. Exemplo claro disto é a construción.

Ante estas condicións de traballo e normal que as persoas busquen un emprego de maior calidade, repercutindo esta fuxida máis o abaratamento dos custes na calidade do servizo que presta a subcontrata. Dende este punto de vista a subcontratación empeora a situación das persoas consumidoras.

Todo o que empezou sendo privatización de servizos públicos remata sendo unha actividade subcontratada. O mesmo que a existencia das ETTs, que hoxe poden sen limitacións facer calquera traballo que non sexa puntual ou imprevisto. Na construción e principalmente na obra pública os modelos de subcontratación permiten o maior abuso e desobediencia aos Convenios por parte das empresas, chegando a ser recorrente a utilización de man de obra inmigrante ou directamente con empresas doutros países, que impoñen salarios sensiblemente inferiores aos que obriga o sector; afectando desta maneira aos traballadores nativos que non son contratados. Por tanto, a subcontratación desta maneira é tamén racista porqué exclúe ás traballadoras e ós traballadores do país e utiliza obreiros doutros países en condicións máis absolutas de explotación. Nesta práctica colaboran as Institucións e Gobernos así como os propios Concellos que toleran un feito evidente moitas veces denunciado.

Nos Concellos, administración pública máis próxima a nós, son coñecidas as subcontratas da construción (subcontrata da subcontrata) sin embargo, non somos tan conscientes de outros traballos subcontratados por esta administración como son os servizos da limpeza ou a atención domiciliaria. Traballos con unha gran carga de traballo realizados maioritariamente por mulleres, con categorías inferiores as que lle corresponde e escasa estabilidade laboral. Repercutindo todo isto na calidade do coidado das persoas máis bulnerables como son as nosas e os nosos maiores ou as persoas con diversidade funcional.

Un exemplo, entre moitísmos, da ambición insaciable e da ingratitude do capital é o conflicto xerado coa plantilla de Cobra, subcontrata adicada a lectura de contadores para Gas Natural Fenosa, que levou adiante despidos logo de que Gas Natural Fenosa decidise retirar a concesión de servicios a firma posteriormente de que Cobra fose obrigada mediante unha sentencia a elevar os salarios da plantilla que estaban por debaixo do convenio do metal. Gas Natural Fenosa pechaba o ano 2016 con unhas ganancias de 1300 millons de euros. Ganancias que deriban do traballo e a explotación das traballadoras e dos traballadores. Importante é non esquecer quen é o Presidente da empresa Cobra, o Sr Florentino Pérez conocido tamén por ser o Presidente do Real Madrid Club de Fútbol.

Decía unha vez un xefe de unha empresa principal que se negaba a aceptar as reivindicacións da plantilla da empresa subcontratada: “Sodes unha patera que vos atopades con un trasatlántico e pretendedes subir en primeira clase”. Queda claro a intención do capitalismo da división e explotación da nosa clase, a clase obreira.

Comparte:

As últimas entradas

Arredista en papel nº21

Data: xullo de 2021 Esta novo número do ‘Arredista!’, ademais de cumprir co habitual número que lanzamos o Día da Patria, supón o décimo aniversario na súa edición ininterrompida desde aquel primeiro número en xullo de 2009. Nesta andaina a

Arredista en papel nº20

Data: xullo de 2018 Van xa vinte números desde que, en 2009, decidimos criar a revista Arredista! como espazo de comunicación do Movemento Galego ao Socialismo. Nas súas follas, que foron saíndo cumpridamente a cada Primeiro de Maio e a

Arredista en papel nº19

Data: maio de 2018 Hai un mundo onde, hoxe — mentres les este editorial —, habería unha nova república a nacer aos pés do Mediterráneo. Nese mundo, as persoas non son encarceradas por defenderen a soberanía dos seus países, nen

Arredista en papel nº18

Data: xullo de 2017 Neste novo Día da Patria o noso país continúa sumido nas consecuencias da crise, a pesar da propaganda dos gobernos galego e estatal sobre unha suposta recuperación. Analizamos, pois, de forma demorada, os pasos que desde