Sen mocidade non hai futuro: organización e loita

Todos os días abandonan o noso país mozos e mozas que, ante a imposibilidade de teren un futuro digno e traballaren na propria terra, son expulsadas/os. Os datos existentes non deixan lugar a dúbidas: aproximadamente unhas 100.000 persoas en idade moza emigraron de Galiza desde o ano 2010, e hoxe só quedan na nación pouco máis de 500.000 mozos e mozas.

Non é a crise demográfica que alega hipocritamente Feijóo nin o retorno de inmigrantes aos seus países de orixe o que provoca ese descenso: o contraste dos datos do INE revela as mentiras do goberno da Xunta. É, si, consecuencia dunhas políticas nefastas que condenan á mocidade a procurar fóra do país o que este non lle oferece: un emprego digno e con dereitos.

Porque se os dados xerais da sociedade son dramáticos, aqueles que se refiren ao desemprego e precariedade xuvenís son estarrecedores: hoxe máis da metade da mocidade está no desemprego. Os dados falan dun 66% de desemprego até os 20 anos, 48,3% até os 25 e ainda mais dun 30% até os 30 anos. E todo isto en condicións absolutas de precariedade, temporalidade e baixos salarios.

Aliás, hai outras realidades que non son analizadas no INE mais que debemos destacar: como cantas mozas e mozos da Galiza acaban decidindo deixar os estudos, ou estudar o que é impartido nas proximidades a onde residen porque non poden pagar a estancia noutra vila ou cidade, ou cantas son persoas formadas que deixaron hai tempo de aspirar a desenvolverse profesionalmente no seu campo. Todo isto conforma un panorama de sufrimento social na mocidade que debuxa a saída do país como único escenario de supervivencia.

E se o presente é negro, as consecuencias demográficas e para o futuro son terríbeis, non só para a mocidade, mais para toda a sociedade. Aqueles sectores que xerarían a riqueza no país non o fan e deixan de contribuír ao sustento das prestacións sociais, desemprego ou pensións, alén de que, tras as reformas laborais e de pensións de PP e PSOE que empobrecen ao conxunto da clase traballadora, garantir un retiro minimamente digno para a mocidade de hoxe será case ciencia-ficción. Todas estas medidas son parte da destrución planificada da nosa nación, dos seus sectores produtivos e tamén do roubo do futuro da mocidade.

Frente á desolación e miseria que nos rodea, só temos unha sorte: a mocidade organizada en Isca! seguimos mantendo intacta a capacidade de soñar. E podemos imaxinar un mundo sen explotación. A clase traballadora en xeral, e a mocidade en particular sofre unha inoculada desafección pola política que é necesario combater. Debe- mos socializar, máis que nunca, a idea de que as organizacións políticas, os sindicatos, as asociacións, etc… son ferramentas. As ferramentas pódense xestionar ben ou mal, pero non son o problema. O problema é o sistema e a clase dominante, a grande burguesía e a súa oligarquía financeira. As rebeldes organizadas en Isca! sabemos que só coa organización precisa lograremos tombar o réxime español que nos quere resignar á emigración, ao desemprego e a un futuro negro onde un proxecto de vida autónomo e digno sexa case imposíbel. Porque o futuro do país depende do que hoxe fagamos, cómpre organizarse e seguir loitando!

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram

As últimas entradas

Arredista en papel nº21

Data: xullo de 2021 Esta novo número do ‘Arredista!’, ademais de cumprir co habitual número que lanzamos o Día da Patria, supón o décimo aniversario na súa edición ininterrompida desde aquel primeiro número en xullo de 2009. Nesta andaina a

Arredista en papel nº20

Data: xullo de 2018 Van xa vinte números desde que, en 2009, decidimos criar a revista Arredista! como espazo de comunicación do Movemento Galego ao Socialismo. Nas súas follas, que foron saíndo cumpridamente a cada Primeiro de Maio e a

Arredista en papel nº19

Data: maio de 2018 Hai un mundo onde, hoxe — mentres les este editorial —, habería unha nova república a nacer aos pés do Mediterráneo. Nese mundo, as persoas non son encarceradas por defenderen a soberanía dos seus países, nen

Arredista en papel nº18

Data: xullo de 2017 Neste novo Día da Patria o noso país continúa sumido nas consecuencias da crise, a pesar da propaganda dos gobernos galego e estatal sobre unha suposta recuperación. Analizamos, pois, de forma demorada, os pasos que desde