O simbólico e o político. España, paella, touros e represión

Cada día, ao ir traballar, a carón da casa dunha veciña, pendurada dun deses postes da luz vellos e de madeira, atopo esa bandeira. Mas, que fai aí? Que significa? Porque o que resulta evidente é que, malia que poida parecer espontáneo este surto de símbolos españois por todas partes, por trás del hai mais, moito mais.

En primeiro lugar, non é a primeira vez que isto acontece. O evento da Eurocopa de fútbol serviu de escusa, como antes outros eventos do mesmo tipo, para promover unha exhibición repetitiva e machacadora de bandeiras e de outros produtos similares coas cores encarnada e amarela tinxíndoo todo. Deixando por un momento á marxe o feito de que tamén serviron para desviar a atención das políticas suicidas dos governos de PSOE e PP que nos conduciron a este precipicio; a sensación de euforia pola vitoria da selección española fixo, ademais, con que non só aparecesen as bandeiras, senón que, ademais, en moitos casos, permanezan aínda, transcendendo portanto a súa escasa referencialidade deportiva para instalarse, fundamentalmente, no ámbito do político. O uso do deporte como elemento potenciador da simboloxía do Estado non é por acaso: non hai mais que ver como foi utilizado aquel gol de Macelino contra a URSS en 1964, ou como os governos centrais sistema- ticamente vetan a participación das seleccións galega, basca e catalá en competicións oficiais, mentres o “yo soy español, español, español” se torna palabra de orde política, irradiada desde España e potenciada nas tres nacións sen Estado con toda a forza dos seus medios de comunicación, que responden a unha retórica autocentrada en Madrid e que tra- tan o resto como “provincias”. Pois, non é casual que nas vilas e cidades da Galiza tantos poderes locais instalasen pantallas para ver a “selección nacional”, nin é casual o conflito aberto en Barcelona por grupos de extrema dereita española precisamente pola decisión do governo da cidade de non colocar as pantallas xigantes, de cuxo custo, en época de austeridade, ninguén fala. Reparemos no discurso españolista nestes casos: que non colocar as pantallas é excluínte, e que facelo é un exercicio en liña cos valores deportivos e cívicos, ou que a selección representa o conxunto da cidadanía, que é un ben común, etc.

A realidade móstranos como é, mais ben, todo o contrario. E non é casual que esta retórica sexa a mesma que empregan para nos imporen o castellano como “lingua común e de entendemento”. No fondo, os seus reparos no tema da língua e das seleccións nacionais responden ao mesmo esquema estratéxico: apagar calquera trazo incompatíbel coa uniformidade do Estado e, cando non sexa posíbel, converter as especificidades en folclore e nesa “unidad en la diversidad” tan próxima a aquela falanxista “unidad de destino en lo universal”. Daquela, a selección española que nos meten polos ollos o día todo non é neutral, nen moito menos o é a súa bandeira. E, sen dúbida, non é neutral ese degaro por facer con que esta simboloxía estexa por toda a parte e a todas horas, pasando así de española a españolista, co que iso revela de vontade de totalización.

Na realidade, ningunha bandeira pode ser neutral se for unha bandeira: a súa función é representar, servir como ícone do mesmo modo que os logótipos serven ás grandes marcas comerciais. E, se os logos tentan comunicar, cada vez mais, actitudes perante a vida, entrando xa en terrenos moito mais difusos como a ética ou a identidade persoal; no caso das bandeiras non é diferente: non representan só unha porción de territorio, senón unha identidade colectiva, cos seus valores e o seu modo de vida, nas mesmas coordenadas difusas que os logos. Por iso é prática común no mundo a queima de bandeiras (e por iso no Estado español está penada): o que se ataca aí son os valores e a vontade de incidencia do povo representado sobre o povo que actúa así. E quen fala da queima de bandeiras, que é talvez o exemplo máis claro, tamén fala do feito de retiralas dos edificios institucionais que se dá, por exemplo, en Euskal Herria ou nos Paises Cataláns.

Ora, a bandeira española non só representa o territorio do Estado: representa tamén a ideoloxía imperante nel, que no caso da España é a ideoloxía do capital, da represión da clase traballadora, da impunidade das grandes fortunas, dos abusos da banca, da autoridade represora, dos xogadores de fútbol “exemplares” que non tributan as primas escandalosas que cobraron co diñeiro noso, a do governo que se escusa en Bruxelas para roubarnos e entregar todo aos mercados, fondos monetarios, consellos de nen se sabe qué e inversores de non se sabe onde. A ausencia de rojigualdas nas manifestacións mineiras destas semanas, nos protestos estudantís en Valencia, nas insuperadas manifestacións do Prestige fundaméntase niso, e non só no conflito identitario. E é tamén por iso que a nosa bandeira, a estreleira, está amplamente presente nas manifestacións contra o golpe de Estado que sofremos, e estivo antes, e sempre, na defensa dos nosos dereitos e das nosas necesidades de clase, da nosa lingua e da nosa identidade.

Necesitamos, portanto, comprender ben a situación. O nacionalismo galego non está a manter a tensión necesaria a respeito da simboloxía españolista (non só española), que mostra a incompatibilidade entre a España como proxecto máis ou menos centralizado e a pervivencia da Galiza como nación autocentrada. A desputa identitaria non se dá só na lingua e nos costumes: dase tamén, cada vez con maior virulencia, neste ámbito simbólico. E, por iso, necesitamos ser incisivos e pedagóxicos, mantendo fóra do noso contorno a simboloxía allea. Necesitamos retirar as bandeiras das institucións onde teñamos poder, recuperar a actitude belixerante tamén contra a coroa española, nas programacións de festas e festivais, en celebracións intencionadas como a do Pilar ou aos actos da constitución. E debemos substituir todo iso pola simboloxía que nos é propria: a nosa bandeira, o eficacísimo GZ, o Apalpador, o noso día das mentiras, etc. Cada vez maior parte da nosa supervivencia como povo se xoga nese terreo. E temos que responder.¶

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram

As últimas entradas

Arredista en papel nº21

Data: xullo de 2021 Esta novo número do ‘Arredista!’, ademais de cumprir co habitual número que lanzamos o Día da Patria, supón o décimo aniversario na súa edición ininterrompida desde aquel primeiro número en xullo de 2009. Nesta andaina a

Arredista en papel nº20

Data: xullo de 2018 Van xa vinte números desde que, en 2009, decidimos criar a revista Arredista! como espazo de comunicación do Movemento Galego ao Socialismo. Nas súas follas, que foron saíndo cumpridamente a cada Primeiro de Maio e a

Arredista en papel nº19

Data: maio de 2018 Hai un mundo onde, hoxe — mentres les este editorial —, habería unha nova república a nacer aos pés do Mediterráneo. Nese mundo, as persoas non son encarceradas por defenderen a soberanía dos seus países, nen

Arredista en papel nº18

Data: xullo de 2017 Neste novo Día da Patria o noso país continúa sumido nas consecuencias da crise, a pesar da propaganda dos gobernos galego e estatal sobre unha suposta recuperación. Analizamos, pois, de forma demorada, os pasos que desde