A muller será a primeira vítima das políticas regresivas do PP.
Lucía Freire é secretaria da Muller da CIG de Compostela. Traballa no sector servizos, es pecialmente castigado pola crise, e é a responsábel da sección sindical da CIG en Lorenzo Froiz, empresa do Grupo Froiz. Alerta da gravidade das reformas para o conxunto do sector e denuncia como afectan especialmente ás mulleres.
Como está afectando a crise e as medidas que se veñen adoptando?
O sector servizos é un dos máis castigados. Diminuíu a capacidade de compra da poboación o que retraeu o consumo. Iso provocou un incremento constante dos despedimentos sobre todo no pequeno comercio. A última reforma laboral, aprobada polo PP, que agravou a xa aprobada polo PSOE, precarizando aínda máis as condicións ao permitir o empeoramento das condicións de contratación, o que incrementa a inestabilidade. A reforma permite que despois dun ano de contrato as empresas despidan sen custo ningún o seu persoal co que estas aproveitan para despedir e contratar evitando que a traballadora ou traballa- dor chegue a adquirir dereito ningún.
Que consecuencias ten a recente aprobación da liberalización de horarios?
O pequeno comercio non poderá competir coas grandes superficies e antes de botar o peche despedirá o seu persoal. Se con esta medida se pretendía favorecer a creación de emprego, van conseguir todo o contrario.
A muller ten unha importante presenza no sector servizos. Terá repercusión nas súas condicións laborais?
A muller será a primeira vítima das políticas regresivas do PP. No comercio vario e no comercio alimentación a maioría das persoas empregadas son mulleres. Coido que se debe a que é un sector onde a precariedade laboral é maior, con salarios máis baixos e de sempre, e aínda hoxe, considerouse que o salario da muller era un complemento ao salario principal. A liberalización de horarios complicará a conciliación da vida laboral e familiar e se hai despedimentos no sector, ao ser maioría no sector, tamén seremos quen máis os padezamos.
E a reforma laboral ou a das pensións, en que medida afecta?
Coa reforma laboral dificúltase que as traballadoras se acollan a reducións de xornada por coidado de crianzas ou dependentes, pois di que se non hai acordo entre a empresa e a traballadora no que respecta ao horario terá a última palabra a autoridade xudicial. Isto provocará que as traballadoras non denuncien para non sufrir as represalias por parte dos empresarios e que acepten o horario que á empresa máis lle conveña. A reforma tamén impide que a traballadora poida reducir a súa xornada semanal. Isto quere dicir, máis no sector ser- vizos onde se traballa de luns a sábado ou de luns a domingo, que a traballadora non pode suprimir da súa xornada o sábado ou domingo cousa que antes si podía facer. Tamén teremos máis dificultades para acceder a unha pensión digna ao ser- mos as que máis lagoas na cotización temos porque somos as que asumimos o coidado das crianzas e das persoas dependentes. A este respecto, coido que haberá un empeoramento na si- tuación, por mor dos anunciados recortes na lei de dependencia. Iso vainos obrigar a regresar ás casas para asumir o papel de “coidadoras”, suplindo a incapacidade das administracións públicas e do propio estado español.