Entrevista a Isca!

Vai facer un ano da segunda Asemblea Nacional de Isca!, que balance se pode facer deste periódo?

Necesitaria un amplo espazo para facelo, por fortuna neste ano Isca! desenvolveu un traballo intenso e constante con numerosas campañas, lembro agora a Campaña contra a discriminación do Galego, unha Campaña de recoñecemento aos 50 anos da revolución Cubana, e o impulso de numerosas campañas no seo de Galiza Nova, tamén temos participado activamente na Mobilización de apoio a palestina, na defensa do idioma, sacando as nosas vacas na manifestación de Galicia Bilingüe para defendernos dos ataques dos fascistas que pretenden impornos en que lingua vivir, na manifestación do 17 de maio, nas convocatorias da Galiza Non Se Vende, amosando o noso apoio aos labregos, aos compañeiros do metal, participando do movemento feminista, toda esta actividade e o compromiso no traballo diario no seo do nacionalismo é o que nos ten levado a incrementar a militancia e a base de simpatizantes durante todo este ano, o que nos permite afrontar con ilusión o que nos queda por diante.

Que papel debe ter a mocidade no cambio de rumbo do na cionalismo?

A mocidade é o futuro do nacionalismo, polo tanto o papel da mocidade é fundamental para o futuro deste, unha mocidade comprometida, activada e ilusionada é garantía dun nacionalismo transformador e ilusionante para a sociedade galega. A mocidade debe crear espazos de participación, debate e reflexión nos que aprender e tamén ensinar. Temos moito que dicir, de que se nos escoite ou non dependerá en grande medida que o nacionalismo consiga mudar ese rumo.

É posible o cambio de rumbo no BNG sen o seu equivalente en Galiza Nova?

Non, rotundamente. Unha organización xuvenil paralizada ou sometida aos tempos do BNG, en demasiadas ocasións vencellados aos procesos eleitorais, non nos serve, nen aos que militamos nela nen aos mozos e mozas galegas que esperan de nós un traballo ilusionante e serio en favor dos intereses da mocidade. A organización xuvenil do BNG ten que aspirar a ser o referente da mocidade nacionalista, de esquerda, anticapitalista, feminista e ecoloxista deste país e iso pasa por menos eleitoralismo e más feminismo, máis ecoloxismo, máis compromiso político e máis traballo nacionalista co horizonte na soberanía nacional.

Como debe combater o nacionalismo a ofensiva contra o idioma e cultura?

Con decisión, con firmeza, con unidade, intelixencia e por que non, tamén con humor. Iso sí: sen tregua.

Comparte:

As últimas entradas

Arredista en papel nº21

Data: xullo de 2021 Esta novo número do ‘Arredista!’, ademais de cumprir co habitual número que lanzamos o Día da Patria, supón o décimo aniversario na súa edición ininterrompida desde aquel primeiro número en xullo de 2009. Nesta andaina a

Arredista en papel nº20

Data: xullo de 2018 Van xa vinte números desde que, en 2009, decidimos criar a revista Arredista! como espazo de comunicación do Movemento Galego ao Socialismo. Nas súas follas, que foron saíndo cumpridamente a cada Primeiro de Maio e a

Arredista en papel nº19

Data: maio de 2018 Hai un mundo onde, hoxe — mentres les este editorial —, habería unha nova república a nacer aos pés do Mediterráneo. Nese mundo, as persoas non son encarceradas por defenderen a soberanía dos seus países, nen

Arredista en papel nº18

Data: xullo de 2017 Neste novo Día da Patria o noso país continúa sumido nas consecuencias da crise, a pesar da propaganda dos gobernos galego e estatal sobre unha suposta recuperación. Analizamos, pois, de forma demorada, os pasos que desde