Diante do 21 de outubro, o meu compromiso

Fronte ao despropósito de roubo e espoliación, do que tanto Feijoo como Rajoy, son áxiles e prontos servidores dos seus amos de luva branca: o Capital Financeiro e Económico, debemos ser conscientes da existencia doutras opcións; de que un modelo económico e social radicalmente distinto non so é posíbel senón imprescindíbel; que, entre outras cousas, un sistema impositivo realmente progresivo é indispensábel, así como que na vez de amnistiar a fraude fiscal é posíbel perseguila é erradicala para, deste xeito, deixar de oprimir o pobo.

Debemos ser conscientes de que estamos inmersos no punto máis álxido dunha Loita de Clases. Si, loita de clases, aínda que algúns lles pareza un termo trasnoitado. Eles, os representantes dos chamados Mercados, si o teñen claro, non en van Warren Buffet, multimillonario americano, en plena crise económica manifestou que el: “desde sempre acreditou na existencia da loita de clases”, para rematar afirmando que “é a súa clase, a dos ricos, a que vai gañando”. Por iso, nesta loita, neste camiño, non podemos ter dúbidas -e menos a día de hoxe- de que se queremos rematar co saqueo e o roubo ao pobo, á nosa nación, o único camiño hoxe, ao igual que sempre, é a mobilización e a loita.

Por iso, hoxe, é preciso facerlle fronte ao Partido Popular. Por iso nos mobilizamos a cotío. Porque estamos certos de que é imprescindíbel que os traballadores e traballadoras e as Clases Populares, sexamos os axentes principais da actividade política no día a día, mais tamén nas vindeiras eleccións do 21 de outubro.

O vindeiro día 21 imos ter a oportunidade de dicirlles a Feijoo e a Rajoy que estamos fartos da súa práctica de recortes; que estamos fartos de que continuadamente nos pidan apertar o cinto, mentres seguen a detraer cartos de todos para entregarllos en bandexa aos seus auténticos amos: os banqueiros e o gran capital. Por iso, tamén é necesario que fuxamos deses cantos de serea que baixo diferentes formas nos veñen coa cantinela de que todos son iguais ou que se vaian todos, xa que o único que perseguen é desactivar á nosa mobilización. Non podemos perder de vista que ao igual que sabemos que, nas empresas, só mobilizándonos podemos cambiar as cousas, tamén nas eleccións ocorre o mesmo. Eles sábeno. Tanto na loita nas empresas, como na loita social, cada un, cada unha que se queda na casa é unha vitoria para o Capital.

Por iso é preciso, indispensábel que convertamos o vindeiro día 21 de outubro nunha auténtica e masiva mobilización social. No noso referendo para dicirlles NON tanto ao PP como as políticas económicas Neoliberais e Capitalistas. Por iso non dubido en pedirvos, non só que fagades todo o posíbel para derrotar ao Feijoo e, polo tanto, ao Partido Popular, senón que tamén apoiedes a aqueles que coincidan cos principios ideolóxicos da nosa central sindical. Ou sexa, a aquelas organizacións nacionalistas e de esquerdas que compartan con claridade, sen ambaxes e sen ataduras alleas á nosa Nación, Galiza, a nosa autorganización como Clase e como Pobo na loita por unha Galiza plenamente soberana.

Cómpre, a esta altura, lembrar a quen, sen ningún tipo de dúbidas, se vén mobilizando co sindicalismo nacionalista, coa CIG, e a quen, por moito que pretenda disfrazarse de nacionalista ou mesmo de independentista, lle resulte indiferente mobilizarse con nós ou da man do sindicalismo españolista representado por CCOO e UGT, xustamente eses que, entre outros momentos, combatemos o 27 de xaneiro de 2011 por asinar o decretazo das pensións, non podemos perder nun dia, o 21, aquelo polo que levamos loitando anos nas empresas. Por iso, eu, o 21 vou votar BNG.

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram

As últimas entradas

Arredista en papel nº21

Data: xullo de 2021 Esta novo número do ‘Arredista!’, ademais de cumprir co habitual número que lanzamos o Día da Patria, supón o décimo aniversario na súa edición ininterrompida desde aquel primeiro número en xullo de 2009. Nesta andaina a

Arredista en papel nº20

Data: xullo de 2018 Van xa vinte números desde que, en 2009, decidimos criar a revista Arredista! como espazo de comunicación do Movemento Galego ao Socialismo. Nas súas follas, que foron saíndo cumpridamente a cada Primeiro de Maio e a

Arredista en papel nº19

Data: maio de 2018 Hai un mundo onde, hoxe — mentres les este editorial —, habería unha nova república a nacer aos pés do Mediterráneo. Nese mundo, as persoas non son encarceradas por defenderen a soberanía dos seus países, nen

Arredista en papel nº18

Data: xullo de 2017 Neste novo Día da Patria o noso país continúa sumido nas consecuencias da crise, a pesar da propaganda dos gobernos galego e estatal sobre unha suposta recuperación. Analizamos, pois, de forma demorada, os pasos que desde