Cinco cubanos presos, querémolos ver libres

Xerardo Hernández? Presente!, Fernando González? Presente!, Antonio Guerrero? Presente!, Ramón Labañino? Presente!, René González? Presente! Cantas veces terán resoado estas voces nos recontos carcelarios, nos máis de 4.300 días que os 5 militantes revolucionarios cubanos levan presos nas cadeas dos Estados Unidos. Desde que, en xuño do 1998, o FBI procedera á súa detención, baixo a falsa acusación de espionaxe e terrorrismo, a “xustiza” norteamericana deu sobradas mostras da súa iniquidade e perversión.

É a mesma “xustiza”, que executou os militantes anarquistas Sacco e Vanzetti, que asasinou os comunistas Ethel e Julius Rosemberg, que condeou a morte a activista anti-racista Angela Davis, que mantén preso o militante do Movemento Indio Americano, Leonard Peltier, e que ten, desde hai anos, o xornalista afro-americano Mumia Abu Jamal, no corredor da morte. Todos vítimas de montaxes policiais e xudiciais, con probas e testemuñas falsas e acusacións fabricadas para xustificar a represión contra a disidencia política revolucionaria.

Paralelamente, esa mesma “xustiza”, non atopa o xeito de condear ao terrorista Luis Posada Carriles, por causa ningunha. Un individuo, autor confeso da colocación dunha bomba en 1976 nun avión civil cubano que causou a morte dos 73 pasaxeiros/as. Prófugo da xustiza de Venezuela, onde estaba sendo xulgado polo asasinato baixo tortura de militantes da esquerda, presos da policía política do goberno ADECO de Carlos Andrés Pérez, nos anos 70.

Posada Carriles, xunto con Orlando Bosch (autor do asesinato nos EUA, con coche-bomba, do ex-ministro de exteriores de Salvador Allende), Jorge Mas Canosa (o narco-empresario presidente da Fundación Nacional Cubano-Americana, entidade con vencellos coa FAES de Aznar) e ducias de terroristas exilados en Miami levan case 50 anos executando todo tipo de atentados, asasinatos e crimes diversos, no territorio cubano, nos EUA ou en calquera parte do mundo, coa cobertura da CIA, da DEA e do FBI, co apoio explícito de persoeiros da política ianqui (tanto demócratas como republicanos) e o silencio cómplice da chamada “prensa libre”.

Precisamente para facerlle fronte ás accións terroristas de grupos que viñan colocando bombas en hoteles de Cuba, nunha campaña destinada a danar o turismo (lembremos a morte do turista italiano Fabio di Celmo en 1997, por unha bomba no Hotel Copacabana), e ás provocacións no espazo aéreo de Cuba pola organización contra de José Basulto Hermanos al Rescate, varios militantes revolucionarios cubanos infiltráronse no exilo de Miami. A súa misión era coñecer e informar das accións anticubanas deses grupellos patrocinados pola CIA e con notorias ligazóns coa delincuencia organizada da Florida, e permitirlle á Seguridade Cubana anticiparse aos atentados desmantelando esas redes mafiosas en Cuba. Como se ve, en ningún caso, nada que poidese causar prexudizo á seguridade da cidadanía dos EUA.

Alertado o FBI polas autoridades cubanas dalgunha desas accións criminais en curso, o goberno norteamericano procedeu a deter, non aos terroristas, senon aos militantes antiterroristas cubanos, nunha clarísima demostración da súa complicidade criminal. Desde xuño do 1998, os coñecidos internacionalmente como os Cinco de Miami (Antonio Guerrero, Ramón Labañino, René González, Xerardo Hernández e Fernando González) levan loitando pola súa liberdade, polo recoñecemento da súa inocencia nos cargos que se lles imputan; polo dereito a ter xuízos xustos, sen probas amañadas, sen falsas testemuñas, sen presións e coaccións aos xurados (nos xuízos celebrados todos en Miami, era notoria a práctica mafiosa dos anti-cubanos de anotarlle as matrículas aos veículos dos membros do xurado, para avisarlles de cal debía ser o seu veredicto). Loitan tamén contra un réxime carcelario de isolación e discriminación nas visitas de parentes e familiares (que con frecuencia, despois de longos trámites burocráticos para acadar o permiso de entrada aos EUA, e de longas e costosas viaxes, vense refugados na porta mesma da cadea polas autoridades ianquis. Estamos a falar de persoas inxustamente condeadas que nalgún caso levan 12 anos sen poder ver aos seus fillos ou fillas.

Por iso medra no mundo a campaña internacional para a liberdade dos 5 heroes cubanos presos nas cadeas do Imperio. Así, no encontro internacional de Partidos Comunistas e Obreiros celebrado en Sudáfrica en decembro do 2010 máis de 51 partidos de 43 países dos 5 continentes acordaron intensificar a campaña mundial pola liberación dos Cinco. No recentemente realizado Foro de Sao Paulo, o conxunto das forzas de esquerda de América Latina, tamén expresou o seu compromiso de loitar pola liberación dos 5 compañeiros cubanos. Na Europa está en marcha a campaña internacional: 1 millón polos cinco, destinada a recoller un millón de asinaturas en apoio. Este ano vai ser decisivo na loita por conquerir a liberdade de Antonio, Xerardo, René, Fernando e Ramón. O compromiso militante da solidariedade do pobo galego coa revolución cubana non fallará. Neste Día da Patria 2011, intensifiquemos a nosa solidariedade cos 5 que é a solidariedade co pobo cubano. A súa liberación será una nova derrota do imperialismo e una nova vitoria da revolución socialista cubana.

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram

As últimas entradas

Arredista en papel nº21

Data: xullo de 2021 Esta novo número do ‘Arredista!’, ademais de cumprir co habitual número que lanzamos o Día da Patria, supón o décimo aniversario na súa edición ininterrompida desde aquel primeiro número en xullo de 2009. Nesta andaina a

Arredista en papel nº20

Data: xullo de 2018 Van xa vinte números desde que, en 2009, decidimos criar a revista Arredista! como espazo de comunicación do Movemento Galego ao Socialismo. Nas súas follas, que foron saíndo cumpridamente a cada Primeiro de Maio e a

Arredista en papel nº19

Data: maio de 2018 Hai un mundo onde, hoxe — mentres les este editorial —, habería unha nova república a nacer aos pés do Mediterráneo. Nese mundo, as persoas non son encarceradas por defenderen a soberanía dos seus países, nen

Arredista en papel nº18

Data: xullo de 2017 Neste novo Día da Patria o noso país continúa sumido nas consecuencias da crise, a pesar da propaganda dos gobernos galego e estatal sobre unha suposta recuperación. Analizamos, pois, de forma demorada, os pasos que desde