Arredista en papel nº9

Data: maio de 2013

A crise capitalista segue arrasando as vidas das galegas e galegos. Mais de 300.000 persoas no desemprego, exclusión social, pobreza e emigración esténdense conforme os governos do capital asentados en Compostela, Madrid e Bruxelas seguen a implementar as medidas deseñadas para manter o sistema en pé á nosa costa. Para garantir o seu lucro nada é barreira: privatizacións, re-pagamento dos servizos públicos, destrución do territorio, mais reformas laborais para destruir o sindicalismo, dificultar a xubilación ou impor salarios de miseria á mocidade, alén da próxima caducidade de moitos convenios que poden levar a clase traballadora galega a cobrar só o salario mínimo.

Os sectores produtivos galegos sofren mais ainda esta situación: o naval como paradigma, mais tamén o téxtil, ou agora a transformación industrial pesqueira, conforman un panorama que deixa o sector servizos, altamente precarizado, como case única alternativa, nun momento onde reducen o tamaño do sector público e agreden os dereitos dos seus traballadores, e a privatización das caixas destrúe as ferramentas de loita económica autocentrada contra a crise.

As dificultades no emprego, en manter un mínimo de benestar vital e na destrución produtiva pasan factura: as loitas contra a expulsión de xente das súas vivendas ou o roubo das preferentes son síntomas da enfermidade do capitalismo na Galiza.

Frente a isto, os gobernos criminalizan as organizacións que loitan e toda contestación, aumentando a represión, a manipulación ideolóxica e dos servizos públicos de información e a dose de españolismo que nos serven para anularen toda resposta social propia e galega: o sindicalismo nacionalista e as expresións políticas autoorganizadas como o BNG son atacadas ou ignoradas segundo conveña.

Porque o poder sabe que unha saída xusta a esta crise no noso país só pode pasar pola conquista da soberanía nacional, posta ao servizo da clase traballadora e das clases populares. A urxencia dunha saída así ten que levar a unha campaña plural, firme, clara e de longo alcance que socialice a única solución aos prementes problemas da nosa nación. Avante con ela!

Descarga o arredista nº9 en PDF

Comparte:

As últimas entradas

Arredista en papel nº21

Data: xullo de 2021 Esta novo número do ‘Arredista!’, ademais de cumprir co habitual número que lanzamos o Día da Patria, supón o décimo aniversario na súa edición ininterrompida desde aquel primeiro número en xullo de 2009. Nesta andaina a

Arredista en papel nº20

Data: xullo de 2018 Van xa vinte números desde que, en 2009, decidimos criar a revista Arredista! como espazo de comunicación do Movemento Galego ao Socialismo. Nas súas follas, que foron saíndo cumpridamente a cada Primeiro de Maio e a

Arredista en papel nº19

Data: maio de 2018 Hai un mundo onde, hoxe — mentres les este editorial —, habería unha nova república a nacer aos pés do Mediterráneo. Nese mundo, as persoas non son encarceradas por defenderen a soberanía dos seus países, nen

Arredista en papel nº18

Data: xullo de 2017 Neste novo Día da Patria o noso país continúa sumido nas consecuencias da crise, a pesar da propaganda dos gobernos galego e estatal sobre unha suposta recuperación. Analizamos, pois, de forma demorada, os pasos que desde