Arredista en papel nº7

Data: maio de 2012

Chegado o Primeiro de Maio, as mudanzas na situación social só fixeron agudizar a situación que viñamos sufrindo até este momento. O cambio do goberno do Estado, tras a maioría absoluta lograda polo PP, non supuxo máis que unha nova volta de parafuso de aplicación do programa do capital para que a crise que eles provocaron se salde coa desmontaxe do sistema de protección social e agresión sen precedentes ás condicións de vida das clases populares.

Unha das medidas foi a contrarreforma laboral máis profunda en décadas. Isto provocou unha nova folga xeral o 29M liderada na Galiza pola CIG, tanto na súa convocatoria marcando o día cos sindicatos vascos, como na súa dinamización, e que resultou de grande seguimento. Mais o ataque é xeneralizado e prosegue: enormes cortes na educación obrigatoria e universitaria, na sanidade pública, na atención a dependentes… Ademais, o Goberno galego acompaña e sométese a todas estas medidas, mostrando ademais da súa faciana neoliberal o carácter raquítico da autonomía de Galiza.

A nosa obriga é pois continuar a responder estes ataques e situalos na súa medida: alén da resposta sindical coa convocatoria dunha nova Folga Xeral para o mes de xuño, precisamos unha resposta política clara que sinale as únicas vías de solución para a nova crise do capitalismo: só de avanzar cara un sistema distinto, o socialismo, podemos asegurar os nosos dereitos, e a liberación social na Galiza só poderá vir no noso país de mans dadas coa liberación nacional e a loita pola soberanía.

Así, o MGS celebrará neste mes de Maio a súa Iª Asemblea Nacional cos obxectivos de reforzar e acelerar as mudanzas existentes na liña política no BNG que apostan novamente polo soberanismo, a esquerda e pola recuperación da acción social. O MGS traballará na consolidación dun espazo político que aglutine o soberanismo e o independentismo desde a esquerda combativa para consolidar esas mudanzas, desde a lealdade ao BNG e defendéndoo como a mellor ferramenta para conseguirmos a soberanía nacional e a xustiza social.

Descarga o arredista nº7 en PDF

Comparte:

As últimas entradas

Arredista en papel nº21

Data: xullo de 2021 Esta novo número do ‘Arredista!’, ademais de cumprir co habitual número que lanzamos o Día da Patria, supón o décimo aniversario na súa edición ininterrompida desde aquel primeiro número en xullo de 2009. Nesta andaina a

Arredista en papel nº20

Data: xullo de 2018 Van xa vinte números desde que, en 2009, decidimos criar a revista Arredista! como espazo de comunicación do Movemento Galego ao Socialismo. Nas súas follas, que foron saíndo cumpridamente a cada Primeiro de Maio e a

Arredista en papel nº19

Data: maio de 2018 Hai un mundo onde, hoxe — mentres les este editorial —, habería unha nova república a nacer aos pés do Mediterráneo. Nese mundo, as persoas non son encarceradas por defenderen a soberanía dos seus países, nen

Arredista en papel nº18

Data: xullo de 2017 Neste novo Día da Patria o noso país continúa sumido nas consecuencias da crise, a pesar da propaganda dos gobernos galego e estatal sobre unha suposta recuperación. Analizamos, pois, de forma demorada, os pasos que desde