Arredista en papel nº10

Data: xullo de 2013

E chegamos ao número 10 do ‘Arredista!’, que o MGS leva a editar desde o ano 2009. As propias datas de aparición, alén dun número especial -na xa histórica asemblea de Amio-, dan conta dos eixos que guían a revista: o 1º de maio, dia do Internacionalismo Proletario, e o 25 de xullo, día da Patria Galega, nacionalismo e internacionalismo como dúas faces da mesma moeda que representan na Galiza a loita pola soberanía e independencia nacionais e a loita da clase traballadora e o conxunto das clases populares galegas polo socialismo.

Nestes cinco anos foron ducias as persoas que colaboraron cos seus artigos e a través de entrevistas a botar luz sobre os temas mais importantes en cada momento ou achegando análises ideolóxicas de fundo. No número do día da Patria de 2013 que estás a ler pretendemos seguir fornecendo de elementos de reflexión tais como a nosa posición sobre a UE, a nova iniciativa Galiza pola Soberanía, como afecta a crise á emancipación de xénero, a defensa do territorio, a solidariedade internacionalista ou as iniciativas de construción nacional entre outros contidos. Como sempre, boa leitura!

Descarga o arredista nº10 en PDF

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram

As últimas entradas

Arredista en papel nº21

Data: xullo de 2021 Esta novo número do ‘Arredista!’, ademais de cumprir co habitual número que lanzamos o Día da Patria, supón o décimo aniversario na súa edición ininterrompida desde aquel primeiro número en xullo de 2009. Nesta andaina a

Arredista en papel nº20

Data: xullo de 2018 Van xa vinte números desde que, en 2009, decidimos criar a revista Arredista! como espazo de comunicación do Movemento Galego ao Socialismo. Nas súas follas, que foron saíndo cumpridamente a cada Primeiro de Maio e a

Arredista en papel nº19

Data: maio de 2018 Hai un mundo onde, hoxe — mentres les este editorial —, habería unha nova república a nacer aos pés do Mediterráneo. Nese mundo, as persoas non son encarceradas por defenderen a soberanía dos seus países, nen

Arredista en papel nº18

Data: xullo de 2017 Neste novo Día da Patria o noso país continúa sumido nas consecuencias da crise, a pesar da propaganda dos gobernos galego e estatal sobre unha suposta recuperación. Analizamos, pois, de forma demorada, os pasos que desde